ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES

ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES
CONCELLO DE CORISTANCO

FÚTBOL SALA BENXAMÍN E ALEVÍN

- Pavillón municipal de Agualada
Dias : martes e xoves
Horario: 17:00 a 18:00

-     Pavillón municipal de Coristanco
Dias: luns e venres
Horario: 16:00 a 17:00

COMPETICIÓN: os sábados pola mañán

FÚTBOL INFANTIL

- Campo de fútbol A Rocheira
Dias: mercores e venres
Horario: 18:30 a 20:00

NATACIÓN

-       Piscina municipal de Laracha
Dia: venres
Horario  no vaso:19:00 a 19:45

 
Festa da pataca Ano 2009

FESTA DA PATACA 2009

Un ano máis e xa van 29, desfrutando desta fermosa festa, da cal, estamos moi orgullosos todos os veciños do Concello de Coristanco de dar a coñecer a totas as xentes da comarca as nosas mellores galas e productos do campo, que co traballo de todos os agriculotres e agricultoras, e co esforzo de todo o ano consiguen exaltar en este día adicados a todos eles. É por eles, polo seu traballo que cada 3º fin de semana de setembro podemos desfrutar da mellor calidade dos productos do campo, da gastronomía e como non, do maravilloso desfile de Tractores Engalanados, que consideramos a culminación co esforzo de todos, de verdadeiras obras de arte feitas cos seus propios productos, na que destaca por encima de todos eles a nosa Raíña que é a PATACA DE CORISTANCO.

Gracias a todo elo, temos como renome do concello ao VERXEL DE BERGANTIÑOS - CORISTANCO, TERRA DA PATACA.

 

E aprovetiando este ambiente festivo poderemos visitar outros lugares de interese Histórico - Cultural do noso Concello como son As Torres de Nogueira, A Ponte Lubiáns, as nosas Igrexas e o espazo natural coñecido como O Refuxio de Verdes.

 

Espero e desexo que sexan días de xuntanza e ledicia para todos e todas, neste ano internacional da Pataca.

 

Boas festas, e a pasalo ben.

 

O Alcalde Don Antonio Pensado Plágaro.

 

ADXUNTAMOS AQUÍ O PROGRAMA DAS FESTAS

 

 
Irmanamento ano 2009

Os días 10, 11 e 12 de Abril o Concello de Coristanco acolleu unha comitiva francesa de La Guyonniere, localidade coa que esta irmanada.
O grupo francés estivo formado por 27 visitantes, entre eles o seu alcalde M. Michael Orioux, e hospedados en 14 casas de veciños de Coristanco, que colaboraron de xeito altruista.
Durante estes días realizaron actividades programadas e establecéronse lazos de amizade e fraternidade que se consolidarán nunha futura viaxe a La Guyonniere.


 

Irmanamento 2009
Irmanamento 2009

 

Podedes ver o programa de actividades aquí: PROGRAMA

Aquí podes ver as fotos do Irmanamento: FOTOS

 
<< Inicio < Anterior 1 2 seguinte > Final >>

Resultados 5 - 7 de 7
REFUXIO DE VERDES

MAPA

cartas o alcalde

TURISMO

TURISMO

festa da pataca

programa desenvolvemento rural

CONTACTA

Hostalaria

Directorio