O Escudo PDF Imprimir E-Mail

Escudo de armas do Concello de Coristanco

Image

Do pasado histórico deste municipio Bergantiñán, fálannos aínda numerosos obxectos e obras arquitectónicas subsistentes: Bifaz prehistórico, probablemente do paleolítico inferior; trece mamaos da época megalítica; puntas de lanzas da Idade de Bronce; oito castros; ara romana da parroquia de Seavia; restos da vía romana vindo de Grandimirun (hoxe Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo municipio de Carballo ata Brigantium (A Coruña).
En terras de San Martiño de Oca, esta vía romana salvaba ao río Lubián, afluínte do Anllóns, pola Ponte Vella, máis coñecida como Ponte Lubiáns, obra de orixe romano reformada na Idade Media.
Unha das parroquias de Coristanco, Santa María de Traba, dou o seu nome a máis ilustre e poderosa estirpe da nobreza alto-medieval do noroeste peninsular. Os numerosos e importantes feudos e señoríos dos condes de Traba pasaron logo a outros linaxes a eles vinculados, como os Bermúdez.
Dende comezos do século XVI pódese continuar a traza xeneolóxica dos Bermúdez de Castro, señores da medieval Torre de Nogueira, en San Mamede de Seavia. Esta parroquia e o lugar onde alza a torre formaron a antiga xurisdicción de Nogueira, cuxo xuíz ordinario era nomeado polo Abade do Mosteiro de San Payo (Santiago de Compostela) e polo señor da xurisdicción.
Non é a Torre de Nogueira a única mansión señorial do municipio de Coristanco. Os Aldao fundaron o pazo de Silván en San Salvador de Erbecedo. Os Caamaño de Cereo Vello en Santa María de Cereo. Os Cancela alzaron as casas de Arixón, en San Mamede de Seavia, e de Ponte, en San Adrián de Verdes. Os Rodríguez de Leis construíron o Pazo de Trabuxáns en Santa María de Traba. E os Rey de Vilardefrancos o de Ferreiros en Santo Tomé de Xaviña.
Sería imposible sintetizar un pasado histórico tan rico nun símbolo que, ante todo, debe ser conciso. Por tal razón, o Concello de Coristanco desexa que no campo do seu novo escudo heráldico figuren, debidamente estilizados, tan só os dous monumentos que gozan da maior celebridade entre os habitantes do municipio: a Torre de Nogueira e a Ponte Lubiáns. A estas dúas figuras desexa tamén engadir dúas vieiras xacobeas, rememorando así a súa pasada e a súa pertenza a antiga provincia de Santiago e os vínculos que o uniron aos célebres cenobios compostelanos de San Payo de Antealtares e San Martín Pinario.
En consecuencia, o Concello de Coristanco solicita para o seu escudo heráldico a organización seguinte:

"De azul, una torre de oro, aclarada de gules, acompañada de dos veneras de plata, una en cada flanco, y de un puente de tres arcos de oro, puesto en punta y sostenido de un fajado-ondeado de plata y azul. Al timbre, corona real cerrada".

 

Feito por Jaime Bugallal y Vela en xullo do 1984.