|
Dentro da parroquia de Seavia, ó pé do monte Bubela, encóntrase a chamada lagoa de Alacaián. Non se trata dunha lagoa en sí, senón de o que en Galicia se chama braña, terreo húmedo donde pode pasta-lo gando. Somente pode ter aspecto de charca o pantano nalgunha época moi chuviosa do ano, por eso é máis coñecida en Coristanco como Braña Rubia. Pódese ver ó borde esquerdo da carretera de Coristanco a Muros, a sete quilómetros do seu arranque dende a C-525. Unha pista transitable con precaución atravesa a braña cun recorrido de dous quilómetros. Por desgracia, este lugar apenas ten interés ecolóxico na actualidade. Pode verse algún pato solitario. Temporalmente habitan aves migratorias e nalgunha ocasión escóitase o croar das ras do monte. No aspecto florístico destacan as orquídeas silvestres e entre as especies arbóreas, as acacias negras. Os obxetos prehistóricos tal vez son os que deron pé para que fora aparecendo unha lenda de cidade sumerxida, como soe suceder onde hai lugares pantanosos e xunqueiras. Existe unha curiosa lenda que aínda perdura e fala dunha cidade soterrada, historia que según din dende fai moitísimo tempo na lagoa tamén coñecida como Braña Rubia, houbo unha gran vila chamada Alcaián. Unha noite desapracible entraron nela dous homes que chamando as portas das casas iban solicitando alimento e refuxio. Os moradores das mesmas non contentos con negarlles ambas cousas, expulsárono botándolle os cans. Esas dúas persoas eran Xesucristo e un dos seus apóstolos. Cando saíron da vila, Xesucristo, dando a volta e elevando o tono sentenciou: Adeus vila de Alcaián Que me encirraches os cans Afundiraste E nunca arriba volverás. E así sucedeu, atopándose a mesma nas profundidades do Pozo dos sete adivais. Din, que algunhas veces escóitanse as campás, os cantos dos galos e os ladridos dalgúns cans que seguen habitando na mesma poboación baixo as augas.
|