Igrexas PDF Imprimir E-Mail

Coristanco ten varias Igrexas de interese arquitectónico:

San Mamede de Seavia, foi contraída ó carón do mosteiro dos monxes benecditinos do século XV, quedando aínda hoxe restos pegados a mesma Iglesia.
Esta igrexa, conserva nalgunhas partes restos románicos como os caneeillos do aleiro dos muros laterais, así como antigos rosetóns.
En canto a Santa Baia de Castro, está calificada como un dos mellores exemplos de estilo barroco da provincia de A Coruña. Foi constituída no ano 1736 (según se aprecia na fachada da mesma).
No lugar de Nogueira en Seavia, pódese contemplar unha interesante torre de estilo gótico, de forma rectangular, con unha altura de trece metros. Trátase das Torres de Nogueira, e falo en plural das mesmas dado que en épocas pasadas eran dúas, as cales formaban parte do antigo pazo-fortaleza que un día foron propiedade dunha familia de gran avoengo. Os Bermúdez, que foron amos e señores desta comarca.
As torres, de carácter defensivo foron levantadas a finais da Idade Media, século XV.
Outra das cousas que abundan nestas terras son os asentamentos castrexos, estando contabilizados ata a data dun total de nove, diseminados por varias parroquias, como O Cotón de Santa Cecilia, O das Picureas, Vilar, O das Croas, o de Arixón, O de Insua, Lume de Suso, o de Cruz de Agrelo, e o máis renombrado de todos o de Oca, citado polo bardo de Bergantiños, Eduardo Pondal no seu libro de poemas titulado “Queixumes dos Pinos”.

 
< Anterior   seguinte >