Ponte Lubiáns PDF Imprimir E-Mail

A ponte Lubiáns encóntrase entre os términos municipais de Carballo e Coristanco, no lugar de Montecelo, parroquia de Oca.

Serviu a persoas e carruaxes ata a construcción da Ponte Nova, uns metros máis abaixo, por onde pasa actualmente a carretera de A Coruña a Fisterra.

A súa lonxitude é de 40,5 metros e ainda se pode observar a calzada de losas, de 2,60 metros de ancho.

Esta ponte que contaba con cinco arcos, na actualidade tan só ten catro e todos eles asimétricos.

Foi construído ó parecer polos romanos no século I, é un dos máis estreitos de Galicia con a penas 2,60 m. de anchura, sendo a súa altura máxima de 5,40 m. e unha lonxitude total de 40 m.

Atravesa o río Rosendo, afluente do Anllóns, facendo de nexo de unión entre o populoso concello de Carballo e o de Coristanco.

Ó cruzar o mesmo, atopámonos cun paseo que bordea o río, poboado por árbores autóctonas que nos dan sombra e agocho.

Por aquí, cruzaba unha calzada romana coñecida coma PER LOCA MARÍTIMA, que partía de A Coruña ata Fisterra.

 
< Anterior   seguinte >