Torre de Nogueira PDF Imprimir E-Mail

No lugar de Nogueira en Seavia, pódese contemplar unha interesante torre de estilo gótico, de forma rectangular, con unha altura de trece metros. Trátase das Torres de Nogueira, e falo en plural das mesmas dado que en épocas pasadas eran dúas, as cales formaban parte do antigo pazo-fortaleza que un día foron propiedade dunha familia de gran avoengo. Os Bermúdez, que foron amos e señores desta comarca.
As torres, de carácter defensivo foron levantadas a finais da Idade Media, século XV.
Outra das cousas que abundan nestas terras son os asentamentos castrexos, estando contabilizados ata a data dun total de nove, diseminados por varias parroquias, como O Cotón de Santa Cecilia, O das Picureas, Vilar, O das Croas, o de Arixón, O de Insua, Lume de Suso, o de Cruz de Agrelo, e o máis renombrado de todos o de Oca, citado polo bardo de Bergantiños, Eduardo Pondal no seu libro de poemas titulado “Queixumes dos Pinos”.

 
< Anterior   seguinte >