Turismo PDF Imprimir E-Mail

Coristanco, sempre foi un lugar privilexiado para “perderse” na súa beleza paisaxística e natural.

Coristanco está situado ó noroeste da Comunidade Autónoma Galega; en plena Comarca de Bergantiños, (unha das máis fértiles de toda Galicia, sendo considerada en épocas pasadas o seu principal xénero), dentro da provincia de A Coruña.

O municipio Coristanqués linda polo norte con Ponteceso e Carballo, no lado occidental con Cabana de Bergantiños e ó sur con Zas, Tordoia e Santa Comba, e garda dentro dos seus escasos 141,5 km2 de extensión currunchos de singular beleza salpicados polas construccións que realzan aínda máis.

A súa principal vía de comunicación é a estrada da Comarcal 552, que fai o seu percorrido dende A Coruña a Fisterra, estando a 38 km de distancia da 1ª poboación.

Coñecido como “O Verxel de Bergantiños”, está formado por quince parroquias nas que habitan 7.210 persoas.

As mulleres e homes, de recias costumes, parcos en verbas pero sumamente amables souberon extraer (con amor, adicación, traballo e sobre todo con extraordinaria paciencia), das entrañas da terra parte dos seus mellores froitos e gracias a eso aínda hoxe xentes de diferentes latitudes poidan degustar os seus saborosos productos entre os cales destaca a pataca, (a que lle adicamos unha festa todos os anos o terceiro fin de semana de setembro), tubérculo que adquire por estes lares da Comarca de Bergantiños o rango de estrela, considerada non sen motivo como unha das mellores do mundo.

 

 
< Anterior   seguinte >