Historia PDF Imprimir E-Mail

Ó redor de 30 mámoas espalladas  polas parroquias de Coristanco lembran ó visitante o asentamento primitivo que tivo lugar nestas terras entre o ano 8000 a.d.C e o século VI a.d.C.

Estes monumentos funerarios atópanse agora en estado ruinoso e case desaparecidos, sendo os mellor conservados os catro que hay no Monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.

É no século VI a.d.C cando chegan a Galicia os castrexos ártabros, cuia rama celta coñecida como “Brigaecini” deu nome á comarca.

As súas vivendas, feitas en pedra e con teito de palla, recibían o nome de castros. Situadas nun outeiro ou preto dun río estaban ás veces rodeadas de muros e foxos.

No concello hai un total de  8 castros catalogados, dos cales un xa desapareceu e o resto atópanse desfeitos como consecuencia da  utilización das súas pedras para outras construccións ou peches de leiras.

Atraídos pola riqueza e fertilidade das terras, no século I a.d.C chegan os romanos, votando fóra ós castrexos mediante unha serie de loitas nas que se fan con todo o terreo, instalándose definitivamente en Finisterre.

Con eles se inicia o tráfico nas estradas, dando lugar a construccións tan emblemáticas coma a Ponte Lubiáns. Introducen o arado, os aperos de labranza e asentan o cristianismo, que posteriormente verase fortemente espallado tra-lo descubrimento de sepulcro do apóstolo no ano 1075, dando lugar á construcción de parroquias e á fundación de mosteiros.

A tranquila existencia romana vése alterada coa chegada dos bárbaros no ano 409 d.C. É esta unha época de séculos escuros onde moi diferentes pobos loitaron por facerse coas terras galegas nunha liorta que envolveu suevos, godos, árabes, normandos…

Na idade media, os señores feudais fixéronse amos de tódalas terras, arréndadoas ós campesiños a cambio de trigo das súas colleitas. Coristanco estaba dominado polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Castelos e mosteiros enfrentábanse con frecuencia pola posesión das terras, mantendo ó campesiño sumido na pobreza e sen acceso á cultura. A Torre de Nogueira,  habitada naquel entón polos Bermúdez de Castro é un fermoso exemplo da riqueza destes feudos.

Coristanco aparece nomeado por primeira vez no ano 1821 cando a meirande parte das súas parroquias pertencían a Santiago,e é no 1835, coa creación dos novos municipios, cando pasa a depender do partido xudicial de Carballo.

 

 
< Anterior   seguinte >