 Antonio Pensado Plagaro Con esta páxina queremos aproximarnos un pouco máis ós nosos veciños, e achegar Coristanco a quenes non o coñecen. Para os primeiros vai a nosa idea de que descubran máis a fondo o lugar onde vivimos e traballamos, así coma o de poder obter información dunha maneira moito máis áxil e directa, actualizada e completa. Para os segundos temos o fin de que esta páxina lles sirva como motivación para que se acheguen a nós e disfruten de todo o que Coristanco lles pode ofrecer: o paisaxe verde, a boa comida, a xente agradable e as grandes festas. Esperamos pois que tanto para uns coma para outros este sitio sexa un punto de información útil. Os tempos que estamos a vivir obrígannos a mellorar, a avanzar, e é por iso polo que este novo espazo de convivencia e aproximación dos cidadáns á Administración e viceversa, tén o seu verdadeiro sentido. Agardamos superarnos día a día, e para elo tamén pecisamos da vosa inestimable colaboración, para que cada día o noso pobo sexa máis grande en calidade de vida. Moitas grazas a todos os que facedes posible Coristanco, e recibide un cordial saúdo.
|