|
Santa María de Cereo, situada no extremo Noroeste do Concello de Coristanco, bañada polo Anllóns e o Calvar (afluente do Anllóns) presenta unha poboación de casi 500 habitantes. De forma redondeada, chama a atención a súa inclinación cara o norte, consecuencia da baixada do Anllóns, que a esta altura fai as veces de liña divisoria con Ponteceso. Tamén linda con Malpica e Cabana. Zona de piñeirais abondosos, sobre todo en Vilaverde, salgueiros, bidueiros e sanguiños distribuense por toda a beira do río como mostrario da riqueza vexetativa que podemos atopar en toda a comarca. O accidentado de terreo fai especialmente dificultosas as labores agrícolas nesta comarca, atopándose as principais elevacións na parte occidental, entre as que destacan o Muíño Mouro e a costa de Monelo. PARROQUIA DE CEREO | LUGAR | HABITANTES | Cereo Vello | 24 | Cotón | 40 | Cruz de Agrelo | 77 | Edrada | 18 | Gulúa | 15 | Lodeiros | 25 | Pousada | 48 | Vilaverde | 122 | | Total | 369 |
|