Cuns PDF Imprimir E-Mail

A parroquia de San Vicente de Cuns, situada na falda oriental de Pico de Meda, extremo da cordilleira que divide as cañadas do Xallas e do Anllóns, estivo ubicada na comarca denominada Terra de Soneira, na zona sureste da mesma, e formou parte, xunto con outras parroquias, da antiga xurisdicción do Xallas.

Pero a pesares de estar situada ó pé de Pico de Meda, na parte leste do mesmo, na actualidade xa non se considera do arciprestado de Soneira, xa que, dito monte déixaa illada do resto do arciprestado. Polo tanto, hoxe en día, hai que dicir que, é unha máis das parroquias pertencentes ó concello de Coristanco, sendo ela a única que con anterioridade formou parte do mencionado arciprestado.

 A parroquia confina cos seguintes concellos:

- ó norte co de Cabana
- ó sur co de Santa Comba
- ó oeste co de Zas
- e polo leste, linda con outras parroquias do mesmo concello.

A súa climatoxía

 Esta parroquia caracterízase polo seu clima húmido e máis ben frío. Ten unhas temperaturas moi inestables ó longo de todo o ano, e unhas precipitacións abundantes.

 Aínda que as nevadas non soen ser moi frecuentes, nos últimos anos houbo ocasións nas que se puido contemplar unha branca paixase.

O seu relevo

 O terreo é frondoso e está bañado polos distintos ríos que pasan por esta zona, como poden ser, o río Porto Cabazo, o da Fervenza, o do Rabiñoso e outros.
   Unha rexión montañosa na que se atopan montes de notable altura. Os máis destacables son os seguintes:

- Monte Picotos con 490 metros
- Monte Outeiro con 464 metros
- Monte Budián con 338 metros

POBOACIÓN

A parroquia de San Vicente de Cuns, ten unha poboación ó redor de 500 habitantes esparcidos polos dez lugares que a compoñen.

Mapa xeográfico da parroquia.


OS SEUS LUGARES

Os dez lugares que forman esta parroquia e que se encontran bastante dispersos, atopándose algúns deles ben alonxados dos outros, son os que seguen:
Albres, Balsa, Gandriña, Igrexario, Moucos, Pazo da Trabe, Pazo Vello, Rial, Rueiro e Sordíns.

 

PARROQUIA DE CUNS
LUGARHABITANTES

Albres

13

Balsa

44

Gandriña

40

Iglesario

14

Moucos

22

Pazo da Trabe

60

Pazo Vello

24

Rial

72

Rueiro

19

Sordíns

24

Total332
 
 
< Anterior   seguinte >