Oca PDF Imprimir E-Mail

San Martiño de Oca, parroquia pequena e ben agrupada situada no norte de Coristanco, ten unha superficie de 5.56 km2 e unha poboación entorno ós 600 habitantes.

Separada de Carballo polos ríos Grande e Rosende e de Sísamo polo Anllóns, a hidrografía cobra unha especial importancia nesta zona.

Magníficamente comunicada co resto das parroquias e cos centros comerciais e administrativos, Oca soupo manter a súa posición de privilexio dende a época romana cando se construíu a Ponte Lubiáns, unha das principales vías de tránsito do momento.

Construída sobre o río Rosende, afluente do Anllóns, está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Destinada únicamente ó paso de persoas é unha das pontes máis estreitas de Galicia con tan só 2,60 metros de anchura. Por ela pasaba unha vía secundaria que proviña de Arteixo, pasando a ser posteiormente camiño real a Fisterra.

Un altar dedicado ó deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe romana aínda que algúns arqueólogos aseguran que puido sufrir modificacións na época medieval.

 

PARROQUIA DE OCA
LUGARHABITANTES

Canal

3

Capelán

75

Carantos

57

Codesido

112

Miñata

96

Montecelo

93

Oca

100

Podrizo

28

Total564
 
 
< Anterior   seguinte >