|
Cunha altitude media de 145 metros, San Paio é unha das parroquias menos accidentadas do concello de Coristanco. Ben abastecida de auga polo río Vao, resultado da xuntanza dos regos Loureiro e Rabuxenta, e ó pesar da súa planicie, non son abundantes nesta zona os terreos lamacentos nin as brañas, o que propicia un amplo aproveitamento agrícola. Nas escasas zonas forestais os piñeiros e eucaliptos son as especies máis abundantes, seguidas moi de lonxe por carballos e castiñeiras. A confluencia en San Paio da estrada C-552 de Coruña a Fisterra e a que leva hacia Santa Comba e Muros, fai que sexa a parroquia mellor comunicada do concello, que xa na Idade Media era surcada por un camiño real. Cada 15 de Xaneiro San Paio celebra a súa festividade patronal e recibe ós veciños que, atraídos pola fama como avogado contra os problemas de osos do patrón, achéganse de tódalas partes da provincia. PARROQUIA DE CORISTANCO | LUGAR | HABITANTES | Baiordo | 28 | Carrizal | 165 | Centiña | 51 | Codeseiras | 18 | Esfarrapa | 162 | Fornelos | 9 | Furoca | 28 | Midón | 25 | Outeiro Xaviña | 74 | Ponte Pequena | 63 | Rabuxenta | 69 | Riomouro | 10 | San Paio | 51 | As Tarandeiras | 57 | Vilarello | 24 | Vilartrigueiro | 50 | Zanfogas | 12 | | Total | 896 |
|