Verdes PDF Imprimir E-Mail

Situada na marxe dereita do río Anllóns, Santo Hadrián de Verdes, é a parroquia situada máis ó norte do Concello de Coristanco.

Sen chegar ós 100 habitantes pasou a ser, nos últimos tempos, unha das zonas máis coñecidas e visitadas da comarca de Bergantiños.

A súa interese turística reside case íntegramente no insólito paraxe natural coñecido coma Refuxio de Verdes.

É nesta zona onde as augas do Anllóns atópanse cunha serie de pedras que alteran o seu curso, dando lugar a numerosas cascadas e rápidos que, xunto coa vexetación e as construccións existentes, enchen de encanto o lugar.

Convertido en zona de esparcemento grazas á labor de restauración levada a cabo polos veciños e ás axudas dalgunhas organizacións interesadas na conservación da natureza, podemos atopar neste antigo coto de pesca un gran número de muíños, mostra da cantidade de millo e trigo que se recollía nestas terras.

Lugar de culto para os eruditos da natureza pola grande riqueza en minerais e vexetais, este lugar convertiuse nos últimos tempos no favorito das parellas de recén casados da comarca, que adoitan rodearse desta fermosa paisaxe para retratar os primeiros intres do matrimonio.

 

PARROQUIA DE VERDES
LUGARHABITANTES

Erbelleira

51

Morazás

27

Ponte

11

Total89
 
 
< Anterior