PAI - Gardería PDF Imprimir E-Mail

PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL DE CORISTANCO

 

 

1- Que é un Punto de Atención Infantil  (PAI) e Fins que se pretenden acadar:

 

O Punto de Atención Infantil constitúe un servicio de proximidade para a atención á infancia. Concíbese como un recurso de atención a nenos/as que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non se poden incorporar a un centro de educación infantil porque non existen no seu concello ou comarca ou por ser superior a  demanda á oferta de prazas existentes.


  Os fíns que se pretenden acadar dende o noso Punto de Atención á Infancia son os seguintes:


- Favorece-lo desenvolvemento integral a través do desenrolo das diversas capacidades dos nenos/as de ata 3 anos.
- Facilita-la compatibilidade entre a vida familiar e o mundo laboral, coa finalidade de promover o acceso da muller rural ó mundo laboral.
- Rompe-lo aillamento dos nenos/as das zonas rurais e menos rurais, promovendo a súa  participación e relación grupal dende a primeira infancia.

 

2_   Usuarios e Documentación necesaria:


   Ó Punto de Atención de Coristanco poden anotárse os nenos de entre 6 meses ata 3 anos incluídos. Para cada novo ingreso será necesario cubrir unhas solicitudes que se facilitaran no PAI, xunto coa seguinte documentación:

 

- Ficha de solicitude ( debidamente cuberta)
- Fotocopia do Libro de Familia , onde apareza o neno/a
- Certificado de empadronamento, onde apareza o neno/a
- DNI dos pais ou titores
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou equivalente
- Autorización por escrito das persoas que poden recoller o neno/a
- Autorización por escrito de traslado do neno/a ó centro médico no caso de accidente sobrevido.


3-  Dereitos e Deberes dos usuarios do PAI:

        
 
3.1 Dereitos dos usuarios do PAI:


- Acceso ó centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión ou calquera outra condición persoal ou social.
- Consideración no trato debido a dignidade das persoas.
- Sixilio profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e socio-familiar
- Ó coidado físico e a mellora do seu desenvolvemento socio-cultural
- Á información ós pais , nais ou titores dos feitos e actividades desenvoltas no PAI.

 

      3.2. Deberes dos usuarios do PAI:


- Ó coidado do material do PAI
- Ó respeto polos compañeiros
- Ó cumplimento das normas de higiene e saúde
- Á puntualidade dos pais, nais ou titores para recoller ós nenos/as á hora de peche
- A aportar a documentación necesaria por parte dos pais, nais ou titores, cando lle sexa necesario ó persoal do PAI.


3.3   Normas de Saúde Hixiene:


- Os nenos/as deberán acudir en condicións correctas de saúde e hixiéne
- Non serán admitidos os nenos/as que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, titores ou representantes legais á dirección do centro, que a súa vez , o poñerá en coñecemento do Concello de Coristanco.
- No caso de observárse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos nenos/as do PAI, informaráse á dirección e avisaránse ós pais, representantes legais ou titores, co fin de evita-la propagación da enfermidade entre os demáis nenos/as.
O reingreso será posible logo de transcurrido o periodo de contaxio e tralo informe médico que acredite tal circunstancia.


- Nos casos nos que se deban administrar medicinas ós nenos/as, deberán presentar unha autorización, acompañada da receita médica onde constará o nome do neno/a, do medicamento, a forma , a dose e a periodicidade na administración
- Os pais deberán aportar para o coidado xeral dos nenos/as o seguinte material persoal:

a) Material para nutrición: biberón, leite, comida, vaso e bebida
b) Material para a hixiéne: Unha muda, unha toalla, cueiros, toallitas limpiadoras, xabrón, crema e peine persoal.
c) Outro material: unha manta, unha sábana, mandilón, zapatos sen cordón (se é posible), pantalóns de cintura de goma ( se é posible), muñeco ou obxecto co que durma,....

 

 
< Anterior   seguinte >