Servizos Sociais PDF Imprimir E-Mail

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CORISTANCO

O departamento de servizos sociais do concello de Coristanco traballa para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio incidindo especialmente nos cidadáns con menos recursos, en situación de carencia ou marxinación social.

Programas básicos desenvolvidos dende os servizos sociais:

  • Programa de información, asesoramento e orientación sobre recursos e posibilidades de superación de situación carenciais ou doutras problemáticas sociais individuais, de grupos ou da comunidade.
  • Programa de axuda no fogar para prestarles un conxunto de atención de carácter doméstico, social, persoal ou educativo ós veciños no seu medio.
  • Programa de inserción  social que procure dar resposta a problemáticas concretas de marxinación e exclusión social aplicando tanto proxectos de traballo social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.
  • Programa de  convivencia alternativa que supoña, en determinados núcleos de poboación,  a oferta de aloxamento provisional en casos de emerxencia persoal ou familiar mentras non se realice a oportuna análise do caso e a súa derivación cara a un tratamento difinitivo.
  • Programa de teleasistencia para persoas  dependentes.
  • Programa de teleasistencia para vítimas de violencia de xénero.
  • Plan de axuda de alimentos ós máis necesitados.

Estas son  algunhas das axudas que, entre outras moitas, se tramitan nos servizos sociais municipais:

  • Renda de integración social de Galicia (RISGA)
  • Pensión non contributiva de xubilación ou invalidez
  • Emerxencia social
  • Cheque asistencial
  • “Salario da liberdade” para mulleres víctimas da violencia de xénero
  • Axudas individuais non periódicas
  • Pagamento único por fillo a cargo
  • Solicitude de valoración do grao e nivel de   dependencia

 

 
< Anterior